25-N Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

Novembro 27, 2006 at 9:09 pm (Mulleres)

Xa pasou o 25 de novembro e todo segue igual, nin sequera nese día a chea de energúmenos que hai neste país foron capaces de deixar de matar. ¡Malditos! Pero, ¿que se cren? Como di a canción de Bebe “…no te pienses mejor que las mujeres…”. Non sodes mellor que nós, que vivamos dende hai moitos séculos nunha sociedade patriarcal non vos dá dereito a maltratar a ninguén. Vós só sodes donos de vós mesmos e nós de nós mesmas. ¿Acaso credes que tedes dereito a dicirnos como nos temos que vestir? ¿Credes que tedes dereito a dicirnos a onde temos que ir? ¿Con quen podemos e con quen non podemos falar? ¿Pensades se cadra que podedes ameazarnos cando queirades? POIS NON SEÑORES (por non vos chamar outra cousa) ISO NON É ASÍ.O que xa supera ó meu entendemento é como moitas mulleres seguimos sendo tan burriñas. E digo seguimos isto porque non hai moito aínda que unha rapaza me contaba unha historia. Resulta que ela xa non quere ó mozo e el non fai máis que berrar con ela e tratala coma un farrapo. Pero claro, ela segue con el porque a ten atada con ameazas de varios tipos: unhas pegarlle (claro) e outra que el se suicidaría se ela o deixase. En fin… que o peor de todo é que con pouco máis de vinte anos ela xa levou varios golpes e aínda así deféndeo e alega que el fai iso porque a quere moito pero é celoso. POR DEUS… como se che ocorre… ese tipo está enfermo. Eu só che quero dicir algo… el nin de coña se vai facer mal ningún a si mesmo, o que o di é o que non o fai e por suposto avísoche que como non espabiles algún día sairás nas páxinas de sucesos. SI, SI… xa sei que non o cres capaz pero o que fixo ata agora delátao.

E mentres tanto outras pobres mulleriñas saen no telexornal cos corpos queimados, apuñaladas polos exmaridos cando á fin conseguiran ser felices (cunha nova parella que as trataba ben e cun traballo recén estreado) e outras, pola súa banda, reclaman axuda porque os que as intentaron matar no pasado xa están fóra das rexas e teñen intencións de acabar co que comezaron.

E para solucionar o tema de raíz hai que ir ás rapaciñas novas, ás que reciben as primeiras ameazas verbais (ou algo máis que verbais). Hai que convencelas, ¡coño! Que cando un tipo te quere dache cariño, bícate, acaríciate, respétate, confía en ti, pode ser celoso pero tamén comprensivo pero asegúrovos que o que non respeta as túas amigas, non che deixa vestirte como queiras, che berra, te ameaza, se autoadxudica o posto de dono teu… (e moitos etcéteras chungos…) ESE NON TE QUERE (e se nun principio algo te quixo que se foda… que primeiro é a túa vida que as el). E se se ameaza con suicidarse… non o vai cumplir, podes estar tranquila … pero en caso de que se suicidase doerache un pouco pero mira… ¡morto o can acabouse a rabia! Pensa primeiro en ti por Deus, que non quero ter ir nunca cubrir o asasinato dunha muller a mans de ningún energúmeno. E perdoádeme por ser pesada e insistirvos pero é que agora dame rabia ver que segue habendo mulleres que son tan “burriñas” como no pasado fun eu.

Deixar un comentario